Da man de Filmes de Pedra, co cineasta Brandán Cerviño e a produtora cinematográfica Sabrina Zimmermann, que xuntos presentaron “En la boca de la mina”, “Hai unha virxe alí arriba” ou “A Comuñón da miña prima Andrea”, candidata na categoría de mellor curtametraxe documental nos Goya 2022; xunto a eles e o noso equipo de tempo libre, os distintos grupos traballarán para confeccionar pezas audiovisuais de entre 1 e 5 minutos, explorando a súa creatividade, coñecendo distintas técnicas audiovisuais e amosando distintas facetas de Sada e a súa contorna.
Precisamente no límite entre os concellos de Sada e Bergondo atópase o Albergue Xuvenil Marina Española, que xunto có de Gandarío conforman o Complexo Xuvenil As Mariñas. Marina Española conta con máis de 100 prazas en habitacións con baño, calefacción, e na súa meirande parte con vistas ao mar.
Outono Xove é un programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, onde @s participantes viven unha experiencia dunha fin de semana de outono nun albergue xuvenil.